Aviso Legal

 

1. DATOS IDENTIFICATIVOS: En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a empresa titular de www.cadernoverde.gal  é SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A., con CIF A 15.379.803 e enderezo a estes efectos en Lg . Morzós, 10, San Román – Encrobas, 15.187, Cerceda, Provincia da Coruña, con correo electrónico de contacto: cmc@sogama.es

2. USUARIOS: O acceso e/ou uso deste portal de SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. atribúe a condición de USUARIO, que acepta, desde dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de uso aquí reflectidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

3. USO DO PORTAL: www.cadernoverde.gal proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a SOCIEDADE  GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade de uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fora necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.

En dito rexistro o USUARIO será responsable de aportar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar unha contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial da mesma. O USUARIO  comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos que SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. ofrece a través da súa páxina Web, comprometéndose a non utilizalos para actividades que poidan ser ilícitas, contrarias á orde pública, á defensa nacional ou á saúde pública.

En todo caso, SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. resérvase o dereito de modificar unilateralmente, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, a estrutura e deseño do sitio Web: modificar ou eliminar servizos ou contidos así como as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.

Do mesmo xeito SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como calqueras outras condicións particulares contidas no sitio web www.cadernoverde.gal

4. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

En cumprimento do establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, comunicamos ao usuario que os datos persoais que nos facilite de forma voluntaria, por calquera dos nosos medios de recollida de información, van a ser incorporados ás Actividades de Tratamento automatizados de datos de carácter persoal titularidade de SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A., co fin de poderlle prestar os nosos servizos, así como para mantelo informado sobre cuestións relativas á actividade da empresa e os seus servizos. Os campos marcados con “*” son de carácter obrigatorio, polo que a non cumprimentación de ditos campos impedirá ao USUARIO  gozar dalgúns dos Servizos e informacións ofrecidas na Web. Os datos contidos neles serán tratados de forma confidencial.

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade.

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Para a realización da xestión antes mencionada pode ser necesario que se cedan os datos a encargados do tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas (as cales poden verificar a veracidade dos datos).

No caso de que o USUARIO  facilite datos de carácter persoal, referentes a persoas físicas distintas a si mesmo, o USUARIO deberá, con carácter previo á inclusión, informalos do contido da presente cláusula, de acordo co establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos.

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. como responsable da Actividade de Tratamento, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos aportados, segundo o disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, o USUARIO poderá exercer en todo momento os dereitos, dirixindo un escrito ao enderezo social, achegando copia do DNI ou Pasaporte.

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. garante que todas as comunicacións comerciais que dirixe aos seus clientes cumpren a normativa vixente.

Por iso, en cumprimento da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico e a Lei 9/2014 Xeral de Telecomunicacións, infórmase ao USUARIO que SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. poderá enviarlle por medios electrónicos información sobre produtos e servizos de interese ao que vostede presta o seu consentimento

En calquera momento poderá revocar esta autorización no enderezo cmc@sogama.es

5. USO DE COOKIES: Advírtese ao USUARIO que este sitio Web utiliza cookies. As cookies son pequenos ficheiros de texto que se instalan no navegador do ordenador do USUARIO para rexistrar a súa actividade, enviando unha identificación anónima  que se almacena no mesmo, coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo por exemplo, o acceso aos USUARIOS que se teñan rexistrado previamente e o acceso ás áreas, servizos, promocións  ou concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Pódense utilizar tamén para medir a audiencia, parámetros do tráfico e navegación, tempo de sesión, e/ou controlar o progreso e número de entradas. SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. procurará en todo momento establecer mecanismos axeitados para obter o consentimento do USUARIO para a instalación de cookies que o requiran. Non obstante  o anterior, deberá terse en conta que de conformidade coa lei, entenderase que (i) o USUARIO dou o seu consentimento se modifica a configuración do navegador deshabilitando as restricións que impiden a entrada de cookies e (ii)que o referido consentimento non será preciso para a instalación daquelas cookies que sexan estritamente necesarias para a prestación dun servizo expresamente solicitado polo USUARIO (mediante rexistro previo).

Pode ocorrer que algunhas cookies utilizadas neste sitio Web non estean relacionadas con SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. Iso débese a que algunhas páxinas do sitio Web teñen inserido contido procedente de webs de terceiras partes (por exemplo un vídeo de YouTube).

Debido a que o referido contido procede doutra web, SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. non controla a configuración de ditas cookies. Se vostede quere cambiar as súas preferencias de configuración de cookies, deberá consultar os sitios Web de ditas terceiras partes para obter información.

6. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A.

SOGAMA, S,A é titular do dominio de Internet sogama.gal.

Toda a información, datos, textos, táboas, fotografías e gráficos proporcionados por SOGAMA, S.A, como parte dos servizos ofrecidos no portal, constitúen unha base de datos para a cal, sobre a base da lexislación vixente, SOGAMA, S.A posúe os dereitos de propiedade.

Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes. A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. Calquera uso non autorizado previamente será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

En consecuencia, a compañía e os usuarios comprométense a utilizar únicamente os datos, a información e as respostas que obtiveron a través do portal para as súas necesidades internas, e non para comunicar a mesma a terceiros, sexan ou non para o seu exame. O incumprimento desta condición, dará lugar á correspondente acción por danos e prexuízos que SOGAMA, S.A podería iniciar en contra do infractor.

Para realizar calquera tipo de observación respecto de posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do seguinte correo electrónico: cmc@sogama.es

7. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do sitio Web ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Deficiencias do servizo, das redes de comunicación, dos problemas resultantes do mal funcionamento ou uso de versións non optimizadas de calquera navegador, posibles erros de seguridade que se poden producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do USUARIO, aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do USUARIO utilizado para a conexión aos servizos e contidos do sitio Web, avarías telefónicas, interferencias, omisións ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico motivados por causas alleas a SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A.; do coñecemento que poidan ter terceiros non autorizados da clase, condicións, características e circunstancias de acceso e uso que os USUARIOS fan do sitio Web e das informacións e servizos. Do uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xerais aceptados ou á orde pública, do sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte dos USUARIOS

8. MODIFICACIÓNS: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. resérvase o dereito a efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na páxina web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

9. LIGAZÓNS: No caso de que en www.sogama.gal  de dispuxeran ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de internet, SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contido. Baixo ningunha circunstancia, SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de internet. Igualmente  a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

10. DEREITO DE EXCLUSIÓN: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. resérvase o dereito de bloquear o acceso dun USUARIO ante calquera indicio de utilización fraudulenta dos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso,  a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións Xerais de Uso.

11. XERALIDADES: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais  que lle poden corresponder en dereito.

12. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen.  A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

13. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN: A relación entre SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE, S.A. e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais de A Coruña.