Imos de vacacións!

Chega o tempo de lecer e de facer plans. Ti xa pensaches o que facer? Mira o que cavilaron os Trebón.

Xa remata o curso. Que axiña pasou este ano, non si? É hora de irse despedindo dos compañeiros. Vémonos en setembro, amigos! Agora é tempo de lecer e de facer plans. Os días son longos e o bo tempo acompaña, así que non hai escusas. Ti xa pensaches o que facer? Mira o que vai facer a familia Trebón. Aquí podes ver e escoitar o ecoconto.

COMPARTE