O Día das Letras

Neste mes das Letras, Sogama achéganos un episodio moi especial da familia Trebón.

Vito, Lilia e Lucas están facendo un mural e os demais colocan adornos para unha festa. Disque hai unha celebración moi importante pero non queren dicirnos nada ata que rematen de preparar a sorpresa. Imos con eles?

Ademais, tedes  outras dúas fichas a descarga para colorear nas aulas ou na casa: Lilia e Lucas lendo no bosque e Vito e Lilia rematando un mural do Día das Letras Galegas.

COMPARTE