Recollendo lixo na praia

Esta semana, aproveitando a celebración do Día Marítimo Mundial, imos de paseo deica a beira do mar.

Aquí estamos na praia de Vilaverde con Brais e o can Cirilo

Despois de amorearse a xente durante o verán, en outono apenas hai ninguén nas praias. Pero segue sendo igual de importante mantelas limpas. A pasada semana foi a Festa do Mexillón en Vilaverde e pasou pola vila a campaña Separar con xeito. Alí, Brais aprendeu perfectamente que debe facer se atopa plásticos como o desta garrafa de auga. E ti? Adiviñas a que colector o vai botar? Sinala o correcto.