BRAIS

A Brais gústanlle os libros que falan de animais. O seu animal favorito é o can. Encántalle xogar co can Cirilo. De maior gustaríalle ser veterinario, para axudar aos animais e curalos cando estean enfermos. Mirádeo ben, a que o recoñecedes polo seu pelo vermello?

ALOIA

A Aloia gústalle moitísimo a natureza. Coñece os nomes de moitas plantas e flores. Ademais é unha boa debuxante. Ten un bloc onde lle encanta pintar as cousas que ve e outras cousas que imaxina. Tamén lle gusta o deporte. E xoga ao baloncesto!

MIREIA

A Mireia tamén lle gusta ler. E gústalle aínda máis escribir. Mireia quere ser escritora, e escribir libros. Ás veces inventa contos, imaxinando personaxes e lugares extraordinarios. Ela escribe os contos e súa amiga Aloia fai debuxos para acompañalos. Moito se divirten xuntas!

TOMÉ

O que prefire facer Tomé é ler libros de contos. Tamén lle encanta patinar. É un rapaz moi sorrinte e gústalle que lle conten historias e chistes.

O AVÓ CELSO

O avó Celso é o avó de Mireia e Tomé. Acompáñaos ao colexio todas as mañás. Sabe moitas cousas. Gústalle contar historias. Un home moooi sabio… como todos os avós. Ten moitas historias para contar a todo aquel que queira escoitar. E paga a pena escoitalo! Sabe adiviñas, contos, anécdotas… Gústalle acompañar os rapaces á escola. Tamén lle gusta moito pasear. Na casa ten unha magnífica biblioteca, chea de libros moi interesantes. Interésalle tamén moito saber a que andan os pícaros e que é iso da internet e dos computadores.

O CAN CIRILO

O can Cirilo vive na casa de Brais e Aloia. É un can moi listo. Acompáñaos á escola. Pero despois ten que volver á casa. Ao can Cirilo gustaríalle entrar na escola cos rapaces e rapazas. Porque é un can moi intelixente que sempre está disposto a aprender novas cousas. Está moi atento ás novidades que traen os cativos do colexio e a miúdo achégase aos libros e ás libretas da escola para interesarse polo que están estudando.